AI, QUE RISAS…

Published enero 4, 2012 by galicialecer

A actividade de hoxe foi moi pictórica, tras do momento deportivo que temos tódalas mañás quixemos expresar a través da pintura o que nos transmitía a música, as cancións que os monitores nos ían poñendo cada momento. O resultado foi moi bo, como se pode apreciar xa que saíron grandes obras de arte que agora decoran o ximnasio e que en cada momento tomaban formas diferentes acordes coas melodías.

Tras delo, recollemos o ximnasio e traballamos diferentes dinámicas de contacto para logo xantar, ¡como nos poñen de comer, imos estoupar como castañas!…

Despois de xantar adicamos a tarde a risoterapia, pasámolo moi ben, moi ben, Ángeles sobre todo, que lle deron varios ataques de risa, ¡moi chistosa! jejeje.

E xa sentimos a mágoa do último día, é unha pena, pero de seguro que faremos moitas máis cousas xuntos.

DE TODO UN POUCO…

Published enero 3, 2012 by galicialecer

Hoxe experimentamos con diversos materiais e texturas, aprendendo á vez, a realizar un pequeno agasallo feito por nós mesmos; un marco de fotos con forma de claqueta, unha nova palabra para nós.

A elección de cores fixémola nós, tendo en conta os gustos e como non nos gusta ser moi convencionais o resultado é o que vedes nas fotos.

Ao rematar, e despois de axudarnos entre nós, recollimos o ximnasio e un pouquiño antes de xantar, algúns valentes que se quedaran coa espiña cravada o outro día decidiron subir ao rocódromo.

Despois de xantar fixemos un pouquiño de relaxación que nos sentou de marabilla, pero que moi ben. E para finalizar o día traballamos a expresión corporal con diferentes xogos nos que nos divertimos e rimos.

CASE CAMBIAMOS DE ANO…

Published diciembre 31, 2011 by galicialecer

Día 30 de decembro, case fin de ano, pero nós seguimos currando. Rematamos os decorados e quixemos comezar a disfrazarnos, os monitores non querían de moita gana, pero ao final convencémolos. Aproveitamos e fixemos unha gravación completa da peli, e logo achegámonos, antes de xantar ao parque de Santa Marg

É moi importante sentir a natureza e aprender a respectala, aprendimos moitas cousas novas das árbores e das prantas, aínda que Miguel xa sabía moitas e algunha explicación nos soltou alí.arita para coñecer un pouco máis a natureza que nos rodea a través dos sentidos.

Pola tarde tentamos coñecernos aínda un pouco mellor a través de diferentes dinámicas e falando de nós mesmos, en definitiva abríndonos un pouco máis ao grupo.

Imos botar de menos ao campa cando remate.

¡Ah! ¡Que é fin de ano!.

FELIZ ANINOVO.

Bicos e apertas para todos e para todas.

POSITIVITO

Published diciembre 31, 2011 by galicialecer

Hoxe a primeira hora da mañá os máis madrugadores iniciamos o día cunha actividade deportiva coa que o pasamos moi ben parte da mañá. Logo comezamos coa sesión de maquillaxe de cine e o tema escollido foi o terror que nos levou o resto do tempo antes de xantar. Pasámolo xenial asustándonos uns aos outros e nas fotos non aparecen todos maquillados por vergoña; todo hai que dicilo.

Tras este día, marchamos para a casa cunha dor de barriga considerable de tanto rir, a última hora tiñamos todos a risa moi moi tonta e moi moi contaxiosa…Xantamos e tras da sobremesa na que nos coñecimos todos un pouquiño máis, seguimos practicando o noso guión da peli e deseñando o decorado, mezclando todo coa expresión corporal que é moi importante.

Un día sen internet… uffffff

Published diciembre 29, 2011 by galicialecer

Uffff perdón por non estar onte na nosa cita diaria, pero non tivemos internet en todo o día, polo que hoxe, bueno… ración doble.

Onte foi un día bastante movidiño; cambiamos a programación e fixemos escalada pola mañá antes do cal aprendimos un pouco de cabullería xa que pola tarde non nos ía dar tempo.

E despois de xantar, comezamos cos decorados da curta e un pouco de danza, había que movelo corpo, o xantar fora fabada e andabamos un pouco “enchidos”…

CONTACTO con TACTO…

Published diciembre 27, 2011 by galicialecer

Hoxe pola maña tivemos o primeiro contacto cos equipos de rodaxe, fixemos probas da nosa peli e gravacións, despois os rapaces e as rapazas estiveron vendo o resultado … Ensaiamos o noso diálogo e as posicións nas esceas tamén.

Despois da primeira toma de contacto coas cámaras fixemos unha dinámica , xa que estaban un pouco desanimados, cada rapaz e cada rapaza levaba un folio en  branco nas c ostas e durante 15 minutiños  os compañeiros escribíanse aspectos positivos da súa forma de ser, o resultado foi moi gratificante, a Iria foi a unha das que máis lles gostou.

Antes de xantar, aprendimos a marcar e seguir o ritmo con cancións a través de diferentes xogos. Iamos aprender moito máis disto perante a tarde.

Pola tarde veu un moni novo, e estivemos facendo con el moitos xogos, pero sobre todo cousas que tiñan que ver coa danza e coa voz. Aprendimos unha canción africana dun neno que quería correr e correr, en africano, ¡claro!; e nos ensinou a que pola rúa debemos de ir sempre mirando ao frente, e cos ombreiros erguidos tendo “presencia”; esta parte a estivemos traballando moito e rímonos… algún dí que cansou, pero non digades nada, hai máis dun vaguete no grupo…

COMEZAMOS EN SERIO

Published diciembre 26, 2011 by galicialecer

Moi boas a todos e a todas. A crónica do noso campamento comeza hoxe de verdade. Pois nada, hoxe tivemos que facer moitas cousas porque estamos a preparar a nosa curtametraxe.

Rematamos a decoración do noso espazo, para facelo ben noso. Preparamos tamén o guión da nosa peli e repartimos as personaxes tras do cal mantivemos o primeiro contacto coa nosa amiga por uns días: a cámara de gravación.

Ah, como estamos en nadal escoitamos panxoliñas xa que mañá comenzaremos a traballar con elas. Un pouco de deporte e xa está.

Pola tarde fumos ao parque de Santa Margarita onde estivemos facendo xeocaching; a ver se alguén vén buscar os nosos cachés, estaría ben.

Ata mañá…

PRIMEIRO DÍA

Published diciembre 24, 2011 by galicialecer

Hoxe comezamos o noso campamento de Nadal. Chámase Studo10 e imos montar unha peli e facer un montón de actividades que teñen que ver co cine. Imolo a pasar pipa. Nestas fotos vedes que estamos sentadiños, e en corro: esto foi pola mañá, estabamos a programar o que iamos facer no noso campa; discutindo as cousas que nos gustarían e as cousas que non nos gustarían facer.

E pola tarde comezamos cunha actividade moi nova para nós, o xeocaching, ao primeiro resistíanse os gps pero logo foi todo moi fácil; non temos fotos delo agora mesmo pero pronto as veredes.

Ahhhhh… BO NADAL A TODOS… e mirade dentro da pestaña PROTAS, xa veredes que “juapos” estamos.

COMEZAMOS

Published diciembre 22, 2011 by galicialecer

Hoxe comezamos o noso Campamento de Nadal no CCE Nosa Señora de Lourdes de A Coruña. Chamámoslle STUDO10 e queremos que vos guste moito, a todos, pais e rapaces. Hoxe dirixímonos nós, os monitores, a todos vós, pero os días vindeiros falarán tamén os rapaces, uns rapaces que van a crear unha aventura “de cine”.

Queremos que opinedes, que nos fagades suxestións, que nos animedes, e que nos digades o que vos parece mal, ou ben; claro.

Agardamos que vos guste o noso campa e agardamos que este sexa o inicio dunha moi longa actividade de lecer e tempo libre, porque todos temos dereito a aprender a xestionalo.

Moitas gracias pola oportunidade e estade moi atentos á todo o que imos a facer, seguro que vos sorprenderedes.

Moitos bicos e apertiñas.

Cande, Jacobo e Xosé.

¡Ah!. E BO NADAL…

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.